A ilustradora dumbriesa Laura Suárez lanza un libro en inglés para Europa e Estados Unidos

Unha obra que nesta primeira entrega vai dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 7 anos

Laura Suárez co novo libro /D. A.

Laura Suárez co novo libro /D. A. / redacción

Redacción

A ilustradora dumbriesa Laura Suárez acaba de publicar Monster Support Group: The Werewolf’s Tale, o primeiro libro dunha serie na que se revelan os segredos dos monstros, que vai ser distribuída nas librarías de Europa e Estados Unidos en lingua inglesa.

Unha obra que nesta primeira entrega vai dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 7 anos. A personaxe principal é Lowell, un neno lobo, a través do cal enviáselles aos cativos unha mensaxe de aceptación e de quererse a un mesmo, segundo a súa autora. Así, quere que os seus lectores se pregunten se eses monstros coñecidos a través do cine, a televisión, a literatura, as lendas urbanas ou oa mitoloxia son en realidade criaturas tan monstrosas como parecen a primeira vista ou se só se pinta unha cara deles nas súas recreacións.

Para a súa publicación, Laura Suárez traballou cunha das mellores editoriais internacionais de libros infantís: Flying Eye Books, fundada en Londres no ano 2013, a cal presta unha especial atención ao detalle no deseño e na excelencia do seu contido ilustrado, centrándose no arte da narración infantil.