Unha sendeirista resultou ferida esta mañá tras caer cando percorría a Ruta dos Muíños, en Borneiro (Cabana de Bergantiños). Emerxencias mobilizou aos efectivos do GES de Ponteceso, Bombeiros de Carballo e membros de Protección Civil de Laxe, que colaboraron na evacuación da camiñante, que se atopaba preto do miradoiro do Monte Castelo, nunha zona sen acceso para vehículos.
Despois de que os sanitarios da ambulancia a estabilizaran, os referidos efectivos procederon a porteala nunha padiola de rescate ata o vehículo médico, a uns 400 metros de distancia. Posteriormente foi evacuada ao PAC de Ponteceso cunha posible fractura de nocello, segundo informan os Bombeiros de Carballo.
Ata o lugar tamén se desprazaron axentes de Garda Civil.