Que balance fai da lexislatura que agora remata?
Foi unha lexislatura complicada, difícil, cunha pandemia e unha crise derivada da guerra en Ucranía. A todo isto houbo que sumarlle a profunda transformación que supuxo a implantación da administración electrónica. Aínda así, o balance é positivo, porque fomos quen de cumprir a maioría dos nosos obxectivos.
Que deixa pendente?
Quedan pendentes actuacións que xa están programadas pero que por prazos dos procedementos de contratación aínda non puideron comezar: a segunda fase da reurbanización da Fraga do Rei ou dotar o núcleo de Ribadiso dunha depuradora de augas residuais, por exemplo.
Cal é o seu lema e os seus principais obxectivos?
En Alternativa por Arzúa os lemas sempre estiveron compostos por palabras. Nesta ocasión, eliximos: confianza, credibilidade, proximidade e xestión.Arzúa, como todos os concellos, terase que enfrontar a importantes retos na próxima lexislatura. Despois destes anos de goberno, Alternativa por Arzúa coñece perfectamente as necesidades do concello; pero a experiencia dinos que non se poden prometer alegremente cousas que non dependen só da boa disposición do goberno local para podelas levalas a cabo, senon que dependen tamén da boa vontade doutros organismos públicos como son a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. Podemos prometer que loitaremos o que sexa necesario para poder levar a cabo os obxectivos que os veciños nos vaian marcando e que seguiremos sendo un goberno responsable co mantenemento do que xa hai feito.
Volvería a gobernar en coalición no caso de que fose necesario?
Gobernamos moitas veces superando dificultades. Non sei que pasará o 28 de maio pero do que sí estou seguro é de que non hai ningunha outra foramción política en Arzúa que teña tanta experiencia coma nós en gobernar en situacións difíciles.
Begoña Balado. Líder do PSOE
“Pretendemos converter a área de Portodemouros nunha zona turística”
Que destacaría da lexislatura que chega ao seu fin?
Foron catro anos intensos e a vez complicados. Como responsable das áreas de Obras e Turismo, foron moitos o proxectos que se tiveron que atrasar por mor da pandemia. Pero, por outra banda, foi unha lexislatura tranquila e sen confrontacións politicas
Cales son as súas propostas para os vindeiros 4 anos?
As principales propostas do Partido Socialista son seguir cos proxectos que empezamos a xestionar, como o acondicionamento do encoro de Portodemouros. Estamos en conversas con Naturgy e coa Deputación da Coruña para converter a zona nun punto turístico de referencia. Outro dos eixos do noso programa electoral é que, unha vez rematada a A-54, se empece a crear na parroquia de Vilantime un centro interpretativo dos restos arqueolóxicos que se atoparon na zona. Tamen queremos rematar de acondicionar a área recreativa de Rivadiso.
¿Como ve a campaña?
Bastante tranquila en comparación con outras campañas onde primaba a crispación.
Cal é o lema da súa?
O lema é “defende o que pensas”. Defendemos a sanidade, a educación pública,unha pensión digna, incremento das bolsas de estudo, programas de vivenda, politicas sociais... defendemos o que queremos para Arzúa.
Rafael Rivadulla. Cabeza de lista do PP
“Queremos atraer empresas e recuperar poboación perdida”
En que momento está Arzúa tras estes catro anos?
Esgotada, falta dun proxecto que permita recuperar os 6.000 habitantes e atraer empresas.
Baixo que lema se presenta e que significado ten?
Arzúa entre todos. Veciños da vila e do rural, das diferentes afinidades políticas, e nós como goberno, en conxunto, cambiando o rumbo cara unha Arzúa mellor.
De chegar á alcaldía e gobernar, ¿cales son as súas prioridades e que Arzúa quere xestionar?
Ampliar o solo industrial con nova superficie no polígono existente ou na saída da A-54 en Pastoriza, cambiar o PXOM, facilitando vivenda unifamiliar e desatascar a xestión administrativa. Isto facilitará atraer proxectos empresariais en marcha e futuros na nosa comarca e limítrofes, o que se traducirá na chegada de novos habitantes. Cales son as principais carencias dos arzuáns ?
Carecen dun Concello áxil no administrativo para o que reduciremos trámites internos e reorganizaremos funcións de traballadores. As parroquias, que se senten abandonadas, serán visitadas y mantenidas as súas infraestruturas de forma continua. Hai moita carencia de redes de saneamento de agua e estableceremos un plan a longo prazo para a súa expansión.
Como está sendo a campaña electoral?
Sentimos que é unha campaña moi animada, onde a palabra “cambio” é o máis escoitado, e que está apoiada polo excelente labor de compañeiros, visitando, repartindo material e axudando cos mítines. Cos nosos rivais, sen incidencias, manteñen un perfil baixo, sen grandes actos e sen moita presenza pública.
Xesús Carril.Candidato do BNG
“Prestaremos especial atención ás parroquias e a crear un centro de día”
Que destacaría da anterior lexislatura?
Deste mandato que remata destacaría en positivo o regreso do BNG á Corporación municipal con dúas actas, e o intenso traballo que desenvolvemos a compañeira Lucía López e eu. Foron catro anos de patear o concello.
¿Cál é o lema do BNG?
Arzúa merece máis é o lema escollido polo BNG, que comunica perfectamente o que defendemos: que Arzúa, as nosas veciñas e veciños, merecen moito, moito máis.
Cales son os seus proxectos?
Temos un proxecto político integral e un equipo preparado. Entre os claves está a atención sen distincións ás parroquias coa posta en marcha dun servizo público de transporte ; a atención as pistas;, a ampliación e mellora do servizo de recollida de lixo e un estudo para a extensión do saneamento. Traballaremos sen descanso para acadar a construción dun centro de día; apostamos por abrir o aparcadoiro do multiusos e reformar a piscina descuberta, modernizándoa. Cubriremos o parque infantil da feira e crearemos a Casa das Asociacións no antigo albergue de peregrinos,
Cómo frear a despoboación?
Arzúa conta con moita potencialidade. Baixou por primerira vez dos 6.000 habitantes e desde o goberno non se fixo