A nova planta depuradora de Lousame dará servizo a 382 veciños de cinco núcleos

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asina coa alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, o convenio

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asina coa alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, o convenio / Xunta

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou coa alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, un convenio de colaboración para dotar de saneamento e depuración a cinco núcleos do municipio cun investimento de 1,1 millóns de euros.

A nova depuradora, que se construirá na zona do rego Pesqueira, vai garantir un sistema de saneamento eficiente aos veciños de Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns, A Costa e a parte da veciñanza do núcleo de Cruído, beneficiando a un total de 382 persoas.

A Xunta destinará un investimento de máis de 887.000 €, e o Concello aportará 221.000 €.