O candidato do BNG á alcaldía de Ribeira, Luís Pérez, acompañado de tres integrantes da súa lista (Cruz Rivadulla, José Sanmiguel e Rafael Pazos) comprometeuse “a defender os dereitos da veciñanza de Corrubedo a ter profesionais sanitarios suficientes e a tempo completo no centro médico da localidade”.
“Faremos todo o que estea nas nosas mans para que Goberno galego entenda que debe cubrir as prazas e garantir a calidade asistencial á poboación tendo o mesmo médico todos os días da semana”, sinalou tras a concentración veciñal celebrada este xoves na citada parroquia.