O centro de saúde de Noia acollerá unha campaña informativa para axudar a deixar de fumar

Centro de Saúde de Noia

Centro de Saúde de Noia / ECG

Redacción

Coincidindo coa celebración do Día Mundial sen Tabaco, o vindeiro mércores, día 31 de maio, o colectivo de enfermeiras especialistas en enfermería familiar e comunitaria do centro de saúde de Noia promoverá unha mesa informativa para asesorar a todas as persoas que precisen de axuda para deixar de fumar.

Os interesados poderán dirixirse á carpa de entrada do centro de saúde, e alí recibirán consellos breves anti-tabaco, información sobre os tratamentos máis axeitados para deixar de fumar, ao tempo que poderán someterse a tests de dependencia da nicotina. O posto informativo estará operativo de 9.00 a 14.00 horas.