Comeza a renovación de 18 paradas de autobús en viais autonómicos da Laracha

Traballos de mellora das paradas de autobús en As Rañeiras / xunta

Traballos de mellora das paradas de autobús en As Rañeiras / xunta / suso souto

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou as obras de mellora das paradas de autobús no núcleo de As Rañeiras, en Lestón (A Laracha) continuando cos traballos de renovación de 18 paradas que levará a cabo en estradas autonómicas ao seu paso por este municipio. Estas intervencións inclúense nun proxecto global para mellorar 32 paradas de autobús na estrada autonómica AC-552 ao seu paso polos concellos da Laracha, Arteixo e Carballo, cun investimento de 1,3 millóns.