Dedican fondos da UE ao Sendeiro de Saldoiro, en Caión

Casa do Concello da Laracha

Casa do Concello da Laracha / Concello

O Concello da Laracha vén de recibir con cargo aos fondos Next Generation unha subvención coa que será cofinanciado o proxecto de mellora dun treito do Sendeiro de Saldoiro, en Caión. O proxecto elaborado polo Concello pretende a posta en valor da fachada marítima de Caión mellorando a accesibilidade e a seguridade e, ao mesmo tempo, revitalizalo como destino turístico. Entre as actuacións a levar a cabo destaca a renovación da varanda de madeira desde a Praza Eduardo Vila Fano ata o acceso principal á praia, incluíndo as escaleiras intermedias de baixada aos areais do Caracoleiro e das Salseiras. O orzamento é de 88.500 €.