Síguenos en redes sociales:

A cantautora Sés ofrecerá un concerto no marco da Feira das Cereixas de Paiosaco, na Laracha

A cantautora Sés ofrecerá un concerto no marco da Feira das Cereixas de Paiosaco, na LarachaECG

A Feira das Cereixas de Paiosaco é a celebración gastronómica de máis importancia e tradición histórica do concello da Larachae, xunto á Romaría dos Milagres de Caión, unha das dúas festas do municipio que contan coa declaración de Interese Turístico de Galicia.

Con motivo deste evento, na primeira fin de semana de xullo (neste ano, o sábado 1 e o domingo 2) o Concello e a comisión de festas de Paiosaco colaboran na organización dunha programación cultural, lúdica e festiva con propostas dirixidas a todos os públicos e na que os artistas e a música galega teñen un especial protagonismo. Nesta ocasión o evento máis destacado será o concerto de Sés na noite do domingo 2 de xullo no campo da feira de Paiosaco. A cantautora coruñesa, moi vinculada á comarca de Bergantiños, actuará por primeira vez no municipio por iniciativa do Concello, e será cos temas do seu último disco: Diante un eco. Antes, pola mañá, os Kilomberos de Monte Alto serán os encargados de amenizar a xornada de feira. O resto do programa estase ultimando.

Pulsa para ver más contenido para ti