Lalín aproba as primeiras axudas á xuventude para sacar o carné de conducir

Entre outras cousas, é imprescindible ter 18 anos, non ser maior de 25 e estar empadroado

Lalín aproba as primeira axudas á xuventude para sacar o carné de conducir

Lalín aproba as primeira axudas á xuventude para sacar o carné de conducir / ECG

Redacción

O Concello de Lalín vén de aprobar en xunta de goberno a concesión das primeiras axudas económicas á xuventude para a obtención do carné de conducir ás que destinan un total de 50.000 €. Nesta xunta déuselle o visto bo a un total de 27 axudas por un importe de 10.550 € : 26 de 400 € cada unha para a obtención do carné B e unha de 150 € para sacar o carné de motocicleta.

Estas axudas, compatibles coas autonómicas para este mesmo fin, continúan abertas ata o 31 de outubro ou ata o esgotamento de crédito. Teñen como finalidade a de sufragar parte dos gastos derivados da obtención de calquera tipo de permisión de conducir, ao abeiro do programa ConduceLalín 2023, que poden ascender ata catrocentos euros por cada unha.

É requisito imprescindible para poder solicitalas estar empadroado no Concello cunha antigüidade mínima dun ano, a contar desde a data de publicación da convocatoria; ter cumpridos os 18 anos e non superar os 25, no momento da solicitude; obter calquera clase de permiso de conducir entre o 1 de novembro de 2022 ata o 31 de outubro de 2023, ser titular dunha conta bancaria e, do mesmo xeito, estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social.

Dende o Concello lembran que as axudas asígnase por rigorosa orde de inscrición e ata esgotar o crédito existente.