A Romaría da Rapazada volta a Siador con actividades multiaventura

Imaxe da Romaría da Rapazada nunha edición anterior

Imaxe da Romaría da Rapazada nunha edición anterior / ECG

Redacción

A Romaría da Rapazada celebra a súa 33 edición o vindeiro domingo día 25. A cita, no recinto da Saleta, en Siador (Silleda), contará con actividades xa clásicas nun xornada única que regresa ao calendario silledense con numerosas actividades pensadas para os máis pequenos da familia. Esta festa singular e única en Galicia, onde a cativada é a protagonista, arrancará ás 11.00 horas coa apertura de obradoiros, inchables, actividades e actividades multiaventura, que continuarán durante toda a xornada. Entre os obradoiros figuran un de tatuaxes temporais e ouro de chapas.