Tanxugueiras, Grande Amore e Baiuca, no festival de balde máis grande do país

Descubre a programación completa da nova edición do Festival das Carrilanas de Esteiro

O festival terá lugar no municipio de Esteiro, en Muros, entre este venres 14 e o domingo 16

Grande Amore, Tanxugueiras e Baiuca no festival de balde máis grande do país

Grande Amore, Tanxugueiras e Baiuca no festival de balde máis grande do país / ECG

Chega unha nova edición do festival de balde máis grande do país: o Festival das Carrilanas de Esteiro.

Grande Amore, Baiuca, Tanxugueiras, Boyanka Kostova e Fillas de Cassandra son só algúns dos artistas que farán bailar a todos os presentes entre este venres 14 e o domingo 16 de xullo na parroquia de Esteiro, en Muros.

O evento musical, organizado pola A.D.C. Esteirana de Carrilanas, ten por obxectivo dar a coñecer gratuitamente á mellor música de Galicia. E vaia se o conseguen!

Cartel do Festival das Carrilanas de Esteiro

Cartel do Festival das Carrilanas de Esteiro / Festival das Carrilanas

Programación Carrilanas de Esteiro 2023

O Festival das Carrilanas 2023 contará cun recinto con capacidade para máis de 6.000 persoas. A entrada é gratuita pero, recorda, terá aforo limitado!

Haberá dous escenarios, o Vibra Mahou e o Vegalsa-Eroski e tres zonas habilitadas para acampar, polo que non dubides en facelo durante todo o evento.

Con respecto aos horarios, os concertos nocturnos do Vibra Mahou comezarán ás 22:00 horas, mentres que os da sesión vermú do Vegalsa-Eroski a partir das 13:30 horas. Esta é a programación completa:

Venres 14 de xullo

Fillas de Cassandra, Baiuca, Grande Amore e Familia Caamagno serán os encargados de facer bailar a todos os presentes na xornada deste venres.

Os concertos serán no escenario Vibra Mahou.

Sábado 15 de Xullo

No escenario Vibra Mahou estarán LaMontagne & PicoAmperio, Tanxugueiras, Monoulious DOP, Boyanka Kostova e Cool Nenas.

Pola súa banda, Pablo Balseiro estará no escenario Vegalsa-Eroski.

Domingo 16 de xullo

Quinkillada poñerá o broche de ouro ao festival na xornada deste domingo, no escenario Vegalsa-Eroski.

Para calquera dúbida, podes consultar toda a información no seguinte enlace.