Setenta e catro persoas atoparon traballo este ano co Plan Integrado de Emprego de Amicos

Un alumno recibe o diploma ante Luisa Vidal (Grupo Nexo), Zeltia Lado, Carlos Vidal e Xoán España / amicos

Un alumno recibe o diploma ante Luisa Vidal (Grupo Nexo), Zeltia Lado, Carlos Vidal e Xoán España / amicos / suso souto

A directora xeral de Emprego e Igualdade, Zeltia Lado, presidiu onte en Ribeira a entrega de diplomas ós participantes no Programa Integrado de Emprego da asociación Amicos, iniciado en xaneiro.

Neste primeiro semestre fixéronse 471 titorías individuais e leváronse a cabo 36 accións grupais, entre formacións e talleres (25 delas foron cursos de almacén, comercio e limpeza) e formación transversal en educación emocional, habilidades sociais e prevención de riscos. Tamén se firmarón 32 convenios con empresas, logrando que 30 persoas realizasen prácticas non laborais. Polo de agora 74 persoas xa atoparon emprego dende que comezou o programa (delas, 19 teñen discapacidade). A día de hoxe, 66 continúan traballando. Grazas ao Programa Integrado de Emprego firmáronse un total de 111 contratos novos de traballo.