Ribeira celebrará cinco días de festa na honra de Santa Uxía con música, mostras e artesanía

Mariño, esda., Alerte, Suárez-Puerta e Mera na presentación / c. ribeira

Mariño, esda., Alerte, Suárez-Puerta e Mera na presentación / c. ribeira / redacción

Redacción

O concelleiro de Festexos de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta; a concelleira de Cultura, Antía Alerte; o tenente de alcalde, Vicente Mariño; e o párroco, Alfonso Mera, presentaron este luns as festas patronais de Santa Uxía, que comenzarán o venres 8 coas bombas de palenque ás dez da mañá e rematarán na xornada do martes 12, día de Santa Uxía, coa misa solemne e procesión acompañada da Xoven Banda de Narón e o grupo de gaitas Xiada.

Durante as festas terán lugar actuacións musicais e eventos culturais como a inauguración da mostra En comuñón co mar no Centro Cultural Lustres Rivas, o venres, ou a Ruada do Traxe Aires de Dorna, o sábado pola tarde. Esta actividade arrancará ás 17.30 horas cun percorrido animado polo grupo de música tradicional Tahume, que sairá do auditorio municipal e rematará na praza do Concello, onde terá lugar o desfile de traxes tradicionais.

Dende a asociación Amas de Casa animan á veciñanza a participar. Haberá ademais un mercadiño de artesanía na rúa Rosalía de Castro.