A Policía Local de Carballo solicitou este mediodía o apoio dos bombeiros do parque comarcal para auxiliar a unha persoa maior que pedía axuda dende o interior da súa vivenda, na rúa Reus, da capital de Bergantiños.
Unha vez no punto, os bombeiros accederon ao piso por unha fiestra que estaba aberta, valéndose dun vehículo de altura. Unha vez no interior atoparon unha persoa que presentaba unha posible fractura nunha perna e facilitaron o acceso aos equipos sanitarios que, tras prestarlle os primeiros auxilios, decidiron trasladala a un centro sanitario.