Santa Minia 2023

Festa e música para honrar a Santa Minia en Brión

A localidade engalánase para honrar á Santa con cinco xornadas festivas

A popular multiinstrumentista Mercedes Peón, que actuará en Brión hoxe

A popular multiinstrumentista Mercedes Peón, que actuará en Brión hoxe

Redacción

Comeza hoxe a Romaría de Santa Minia, que terá lugar, ata o día 27, no lugar de Pedrouzos, como vén sendo tradición nos últimos anos. Ata Brión desprazaranse miles de devotos procedentes de todos os lugares de Galicia para pedir axuda e render culto á Santa.

As festas comezan hoxe, sábado, ás 18.00 horas, coa actuación da Escola de Danza e Música Tradicional do Concello de Brión. Ás 22.30 horas comezará o concerto de Mercedes Peón. As actividades continuarán o domingo dende as13.30 horas, cando Os Tristes animarán a sesión vermú. Pola tarde, contra as18.00 horas, haberá un espectáculo de maxia con Martín Camiña, e as19.00 horas comezará o Festival de Bandas coas bandas de música Municipal de Brión e de Arca. Ás 21.30 horas, a orquestra Compostela animará a velada. As misas desta xornada oficiaranse ás 10.00, ás 11.00 e ás 20.00 horas.

O luns, as actividades regresan coa actuación do Mago Teto, ás 19.00 horas. Finalmente, dende as 22.30 horas, a orquestra Capitol amenizará a noite.

Colas para ver a Santa Minia en una anterior celebración de esta celebración en Brión.

Colas para ver a Santa Minia en una anterior celebración de esta celebración en Brión. / ECG

O martes, día 26, o día comeza coa celebración de misas rezadas ás 10.00, 11.00 e 12.00 horas, e pola tarde, ás 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas. A charanga Noroeste animará toda a xornada de festa. Ás 17.00 horas actuará o grupo de gaitas Devagarinho e ás 21.00 horas será a quenda de Tania Veiras. Ás 00.00 horas terá lugar o espectáculo de luz, son e fogos de artificio na capela. Ás 00.30 horas, a orquestra París de Noia amenizará a velada.

Cartel de Santa Minia 2023

Cartel de Santa Minia 2023 / Concello de Brión

O mércores 27, día de Santa Minia, comeza coa celebración de misas rezadas a cada hora dende as 9.00 horas ata as 13.00 horas, sendo esta última a misa solemne, e, pola tarde, ás 16.00, 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas. A charanga Os Celtas animará durante toda a xornada aos presentes. Ás 13.30 horas, comezará a sesión vermú a cargo de Tania Veiras e as 17.00 horas será a quenda da actuación da Agrupación Musical Tradicional Tiralle do Aire. Ás 21.00 horas, os presentes poderán gozar coa orquestra Finisterre, e dende as 23.00 horas coa orquestra Olympus.

Pablo Lago, alcalde de Brión: “Santa Minia é unha romaría para todos os gustos e idades”

Benqueridos veciños e veciñas:

Quero aproveitar este espazo para desexarvos unha feliz Romaría de Santa Minia e tamén para convidar a todas as persoas seguidoras de El Correo Gallego a que se acheguen do 23 ao 27 de setembro a Brión, onde desfrutarán connosco de cinco intensos días de festa. Dende o Concello traballamos para facer de Santa Minia unha romaría para todos os gustos e idades. Por iso seguiremos sendo unha festa inclusiva, con horarios especiais baixos de ruídos, e libre de machismo, co xa tradicional Punto Lila na Carballeira. 

O alcalde de Brión, Pablo Lago

O alcalde de Brión, Pablo Lago / ECG

Unha romaría que combina a tradición das polbeiras, os postos de venda, os oficios relixiosos e a música tradicional do noso municipio, coa actuación dalgunhas das mellores orquestras de Galicia, o humor de Federico Pérez e Marcos Pereiro, a forza de Mercedes Peón e innovación visuais como o espectáculo virtual da fachada.

Finalmente, no nome da corporación municipal de Brión quero agradecer o traballo de todas as persoas que colaboran cada ano na organización desta romaría e desexarvos unhas felices festas de Santa Minia.

Información patrocinada por:

Patrocinadores Santa Minia 2023

Patrocinadores Santa Minia 2023 / ECG

Patrocinadores Santa Minia 2023

Patrocinadores Santa Minia 2023 / ECG