Os escolares do colexio Vila de Cee participaron nunha carreira contra a leucemia

Parte dos escolares que participaron na carreira solidaria /F.U.e.c. M.

Parte dos escolares que participaron na carreira solidaria /F.U.e.c. M. / J. M. RAMOS

As alumnas e alumnos do CEIP Plurilingüe Vila de Cee participaron na novena edición de La Vuelta al Cole de Unoentrecienmil, unha carreira solidaria contra a leucemia infantil. Os fondos recadados destinaranse á financiación de proxectos de investigación que axuden a encontrar a cura desta enfermidade. Os escolares ceenses competiron en cinco percorridos adaptados ás diferentes etapas e niveis educativos.

O presidente da fundación Unoentrecienmil, Jose Carrero, asegura que cada ano diagnostícanse en España 300 novos casos de leucemia en idade pediátrica e, “desgraciadamente, un 20 por cento dos pequenos non supera esta enfermidade”. Por iso, engade, “a investigación é o único camiño para cambiar esas cifras e chegar ao cen por cen de curación”.

A fundación promove o proxecto Aceleradora Unoentrecienmil, que incorpora o exercicio físico como parte do tratamento, tras levar a cabo unha investigación que demostra que a práctica de deporte acelera a curación do cáncer e diminúe un 17% o tempo de hospitalización dos afectados.