Alingua levará ás aulas traxectorias de referentes no uso do galego como Touriñán ou Tanxugueiras

Diante e pola esqda., Blas García, Goretti Sanmartín e Lucía Calvo.

Diante e pola esqda., Blas García, Goretti Sanmartín e Lucía Calvo. / Concello de Teo

Suso Souto

As alcaldesas de Teo, Lucía Calvo, e Santiago, Goretti Sanmartín, o o alcalde de Ames, Blas García, presentaron en Teo as accións programáticas de É túa. Pásaa!, campaña de difusión posta en marcha por Alingua (Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, que aglutina os servizos de normalización lingüística de 19 concellos)para promover e dinamizar en diferentes ámbitos o uso do galego. Alingua lanza este curso o Catálogo de referentes, un compendio que recolle figuras destacadas de diferentes ámbitos sociais e culturais que desenvolven en galego o seu día a día e a súa traxectoria profesional, como Touriñán, Tanxugueiras, Ledicia Costas ou Luís Davila. Tamén presenta a Cartografía sensorial, un espazo virtual de paisaxes sonoras e visuais dos concellos que conforman a entidade e que enxalza a diversidade lingüística dos mesmos. Ofrece a posibilidade de personalizar postais para enviar en liña e compartir fotos que relacionan cada lugar cunha cor.

TEMAS