O Fondo Ambiental achega máis de 614.000 € a doce concellos

Trenor, á esquerda, e o alcalde, Juan Carlos García, en Coristanco / x. g.

Trenor, á esquerda, e o alcalde, Juan Carlos García, en Coristanco / x. g. / J. M. r.

Doce concellos da Costa da Morte investirán máis de 614.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental en accións de mellora do medio natural. Así o confirmou o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, durante a súa visita a Coristanco, onde supervisou as obras de mellora do alumeado público nos núcleos de Ponte Grande e a Feira Nova.

En Cabana soterrarán liñas en Riobó; en Camariñas mercarán contedores e equipamentos de limpeza de camiños e mantemento de roteiros de sendeirismo; Cee investirá a partida en equipamento para a recollida de residuos domésticos; Cerceda, mellorará o alumeado do aparcamento do centro cívico; Dumbría ampliará o abastecemento de auga a Martín, Cerbán, Vacariza e Chaín; A Laracha mercará contedores e renovará o alumeado da rúa do Campo; Malpica mellorará a estación depuradora; Muxía renovará a cuberta do edificio multiusos; Ponteceso reforzará a eficiencia enerxética da escola de Pazos de Abaixo; e Vimianzo impulsará diversos servizos medioambientais.