Desmárcate!, a campaña da Pobra polo 25N

Enfócase na contorna máis próxima das mulleres » Apela á cidadanía para que se desvincunle e colabore na erradicación da violencia machista

A concelleira de Igualdade da Pobra, Estefanía Ramos, xunto a asesora xurídica á muller, María Pérez, e a axente de Igualdade, Carolina Rodríguez, na presentación da campaña Desmárcate! polo 25N do Concello   | // CEDIDA

A concelleira de Igualdade da Pobra, Estefanía Ramos, xunto a asesora xurídica á muller, María Pérez, e a axente de Igualdade, Carolina Rodríguez, na presentación da campaña Desmárcate! polo 25N do Concello | // CEDIDA / B. C. [santIaGO]

B. C. [Santiago]

Coa pregunta: “Na violencia machista, que lugar ocupas ti?”, a Concellaría de Igualdade da Pobra do Caramiñal puxo a andar a campaña municipal “Desmárcache!” con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra este 25 de novembro. A iniciativa insta a rexeitar roles como agresor, vítima, familia que oculta, amizades que calan e veciñanza que non ve.

A concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos, explica que a campaña se enfoca na contorna social máis próxima das mulleres que sofren violencia machista, buscando que a sociedade se desvincule deses roles e colabore na erradicación da violencia contra a muller. Acompañada pola asesora xurídica á muller, María Pérez, e a axente de igualdade, Carolina Rodríguez, Ramos presentou a campaña, que se difundirá en redes sociais, establecementos comerciais, e contará con presenza publicitaria en San Lázaro e no balcón da casa consistorial.

A campaña tamén se materializará en actividades ao longo do mes, incluíndo a presentación do Servizo de Igualdade en centros educativos, unha función teatral pedagóxica titulada Golpes, e sesións de conta contos para os máis pequenos. Ademais, tivo lugar unha concentración o 24 de novembro na Praza Alcalde Segundo Durán portando paraugas morados co lema “Desmárcate!” e o hashtag #apobracontraaviolenciamachista, formaron o símbolo feminista. Ademais, a fonte da alameda da Pobra do Caramiñal ilumínase de cor violeta.