Arranca a novena edición do obradoiro de emprego Tahúme

O alcalde de Ribeira e concelleiros no acto inaugural do taller /c. ribeira

O alcalde de Ribeira e concelleiros no acto inaugural do taller /c. ribeira / j. m.

A casa da cultura de Xuño (Porto do Son) acolleu o acto inaugural da novena edición do obradoiro de emprego Tahúme, un programa dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas dos municipios de Ribeira e Porto do Son. Este ano os participantes especializaranse en Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centro de xardinería, e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

Ao acto inaugural desta iniciativa, que está subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e cofinanciada polo Ministerio de Traballo, asistiron o alcalde de Ribeira, Luís Pérez; a concelleira de Emprego, Veva Betanzos; e os edís de Porto do Son José Manuel Deán Pouso e Juan José Calo Miranda.

“Estes talleres ofrecen oportunidades de emprego real na nosa comunidade e axudan ao densevolvemento económico”, afirmou o rexedor ribeirense. Subliñou ademais que o investimento “non só beneficia aos participantes directos, senón que tamén deixa unha pegada positiva na contorna”.