A liquidación de Feirauto atraeu compradores de toda a Costa da Morte, Xallas e Barbanza

Expositor de vehículos de una de los talleres de Feirauto

Expositor de vehículos de una de los talleres de Feirauto / Feirauto

Feirauto pechou as xornadas de liquidación de stocks con quince vendas confirmadas e moitas operacións abertas que “como é habitual, pecharánse nos vindeiros días”, afirmou Manuel Martínez, un dos organizadores. Subliñou que “tivemos un goteo constante de xente durante toda a semana, e polos nosos talleres pasaron persoas interesadas en comprar un coche procedentes de toda a Costa da Morte, de Santa Comba, Carnota e mesmo algúns chegados de Ferrol e Vilagarcía, o cal demostra o interese que esperta a nosa oferta”.

En canto ás operacións pechadas, foron coches seminovos, de cinco anos ou menos, con prezos de entre 10.000 e 15.000 euros. Manuel Martínez amosouse moi satisfeito tanto polos resultados acadados como pola afluencia de xente, e desde a organización, da que forman parte Talleres J. Lema, Automóviles Celmar e Talleres M. Montes, xa pensan en vindeiras edicións de Feirauto. Amosou tamén o seu “agradecemento aos medios de comunicación pola difusión que nos dan”, concluíu.