Teo recoñece o esforzo dos deportistas Special Olympics

A alcaldesa, á esquerda, con algúns dos premiados na gala / Concello de Teo
Redacción
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, participou este sábado no acto de entrega dos trofeos e medallas da liga de fútbol sala e baloncesto Special Olympics Galicia 2023. Estivo acompañada da directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, e dos concelleiros de Deportes e Xuventude, Rogelio Gómez, e de Servizos Sociais, Juan Jesús Cerqueiro.
No acto tamén se entregou a Medalla Special Olympics Galicia 2023 ao arcebispo emérito de Santiago, monseñor Julián Barrio Barrio. A directora xeral, Begoña Abeijón, felicitou aos participantes “pola súa valentía e afán de superación continua”, e destacou que o Executivo autonómico traballa cada día, da man das entidades, para seguir avanzando “por unha Galicia máis inclusiva e solidaria en todos os ámbitos, tamén no deportivo”. Asemade, sinalou que nos orzamentos da Xunta de Galicia do vindeiro ano destinaranse máis de 170 millóns de euros á atención á discapacidade, “a cifra máis elevada da súa historia, o que demostra o compromiso do Goberno galego”, subliñou.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- Aire polar, temperaturas bajo cero y fuertes heladas: Galicia se prepara para un fin de semana gélido
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- David Uclés, premio San Clemente: 'Estoy muy unido a Santiago y a sus bibliotecas
- Un vehículo volcado y ardiendo deja tres heridos y obliga a cortar la AP-9 en dirección Santiago
- Santiago afronta este viernes una nueva jornada de huelga de buses