Carballo recibiu o premio Aproema pola protección do medio ambiente

O concelleiro Miguel Vales, esquerda, recollendo o premio / c. carballo

O concelleiro Miguel Vales, esquerda, recollendo o premio / c. carballo / redacción

Redacción

Carballo 2030 é o proxecto público máis sostible de Galicia, e así vén de recoñecelo a Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (Aproema) ao outorgar ao Concello o seu galardón anual na categoría de Entidades Públicas.

O concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Miguel Vales, recolleuno nun acto celebrado en Vigo, no marco do II Foro Empresa Sostible, organizado pola Confederación Empresarial de Pontevedra. O Concello de Carballo foi galardoado na categoría de Entidades Públicas pola estratexia Carballo 2030, que abrangue accións relacionadas coa xestión sostible dos servizos públicos e a mobilidade.

Os premios Medio Ambiente Aproema, que están organizados en colaboración coa Xunta de Galicia, Sogama, Ecoembes, a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación Galega de Municipios e Provincias, pretenden destacar e recoñecer as accións individuais ou colectivas, tanto públicas coma privadas, que se desenvolven en Galicia en favor do medio ambiente.