Ferida unha muller nun accidente múltiple na AP-9 en Ordes que afectou o tráfico

Foi evacuada en ambulancia ao hospital

Un dos coches envorcou provocando retencións

A muller ferida foi trasladada ao hospital en ambulancia

A muller ferida foi trasladada ao hospital en ambulancia / Xunta de Galicia

E.P.

Unha muller foi evacuada ao resultar ferida nunha colisión entre varios vehículos na AP-9 á altura de Ordes. Un dos coches rematou envorcado e rexistráronse retencións.

Segundo informou o 112, diversos particulares, entre eles algúns dos implicados, contactaron co 112 Galicia dez minutos antes das 18:30 horas para alertar sobre o accidente e informaron de que varios coches acababan de chocar no quilómetro 37 da AP-9, ao seu paso pola parroquia ordense de Vilamaior, en sentido norte.

Un dos alertadores engadía que un dos coches acabou envorcado. Pouco despois, unha persona implicada indicaba que non necesitaba asistencia sanitaria, pero era incapaz de abrir as portas do seu vehículo.

Para este operativo, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia solicitouse a participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ordes, da Garda Civil de Tráfico e dos operarios do servizo de mantemento da autoestrada.

Finalmente, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 encargouse de evacuar a muller ferida a bordo dunha ambulancia. Pola súa banda, os bombeiros non tiveron que empregar o seu material de excarceración.