Unha muller excarcerada en Boiro e un ferido en Cee tras unha colisión de seis coches

Outro accidente en Boiro precisou da intervención dos bombeiros para excarcerar a ferida

Varios dos vehículos implicados no accidente múltiple de Cee

Varios dos vehículos implicados no accidente múltiple de Cee / B.C.M.

Dous accidentes na tarde do sábado saldáronse cunha muller excarcerada en Boiro, tras saírse da vía o coche que conducía, e un ferido en Cee logo dunha colisión múltiple na que se viron implicados seis turismos, segundo infoma 112 Galicia.

No sinistro de Boiro, que aconteceu na parroquia de Cures, foi a propia implicada quen contactou co 112 ás 15.30 horas, alertando de que precisaba asistencia sanitaria e que tiña dificultades para abandonar o vehículo. Ata o lugar foron mobilizados equipos de Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Boiro, Protección Civil e Garda Civil. Unha vez liberada do turismo, a ferida foi trasladada en ambulancia ao hospital de referencia.

Unha hora antes, na estrada DP-2303, en Pereiriña (Cee), seis vehículos, tres deles que ían circulando e outros tres que estaban estacionados, víronse afectados como consecuencia dunha colisión en cadea. Un particular avisou ao 112, que mobilizou a equipos sanitarios, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil, xa que o parque de bombeiros de Cee estaba pechado. Unha persoa resultou ferida.