Guadalupe Vázquez presentou en Cee un diario solidario que desafía o pensamento tóxico

Unha parte do que se obteña das ventas do libro irá destinada a Cáritas de Cee e á Asociación Monte Pindo Parque Natural

Guadalupe Vázquez, á dereita, na presentación do libro /m. sambade

Guadalupe Vázquez, á dereita, na presentación do libro /m. sambade / j. m. ramos

A casa da cultura de Cee acolleu a presentación do diario bilingüe (galego e inglés) Son Relampo no Mt. Pindo, Diario para Sentirse Mellor, da escritora e profesora Guadalupe Vázquez Formoso, que contou coa axuda da psicóloga Guadalupe López Canosa.

A autora explicou que o libro, ambientado no “máxico e emblemático monte Pindo”, está pensado para axudar o lector a desafiar o pensamento tóxico, aumentar a resiliencia e descubrir e valorar o que realmente importa na vida. Unha parte do que se obteña das ventas do libro irá destinada a Cáritas de Cee e á Asociación Monte Pindo Parque Natural.