Trinta e cinco promesas da moda participarán no XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas
![Gañadores e gañadoras da pasada edición da Mostra do Encaixe de Camariñas.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/b6307a02-6d77-416f-a552-165f0cc5d1b3_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
Gañadores e gañadoras da pasada edición da Mostra do Encaixe de Camariñas. / Concello de Camariñas
O Concello de Camariñas fixo pública a lista das 35 persoas finalistas que participarán no XXX Concurso de Noveis Deseñadores, que se celebrará durante a XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.
O xurado seleccionou do total de memorias, as dos seguintes deseñadores e deseñadoras: Ada Martínez Martín (Valencia), Adriana Pérez Sanjurjo (Cambre, A Coruña), Ainhoa Salinero Miño (Alcorcón, Madrid), Alejandra Góas López (O Valadouro, Lugo), Alejandra Olivares Niger (Puerto Lumbreras, Murcia), Alejandra Pino Bravo (Loeches, Madrid), Alexia Álvarez García (Laviana, Asturias), Asier Ferrer Samonete (Gallipienzo Nuevo, Navarra), Cesar Tiscar Fernández (Genovés, Valencia), Clara Caneda Cielo (O Grove, Pontevedra), Cristina Gamallo Permuy de (Ares, A Coruña), Eden Houghton Foresta (Calpe, Alicante), Elena Outomuro López (Ourense), Erika Dayana Chacón Luna (A Coruña), Fabiola Santos Baña (Muxía), Hugo Fontenla Villar (A Coruña), Irene Oliveira Suarez (Oviedo, Asturias), Joaquín Ruíz Torres (Culleredo, A Coruña), Johanes Eduardo Senior Paz (Vigo), Josu Santos Blanco (Sobrado do Bispo, Ourense), Laura Araujo Martínez (As Neves, Pontevedra), Laura Villar Loureiro (Guitiriz, Lugo), Lucía Janeiro González (Forcarei, Pontevedra), Malena Monteserin Feliz (Tineo, Asturias), María Moreno González (Mancha Real, Jaén), Marina Pastor Olivares (Granada), Miriam de Río Bouzas (Miño, A Coruña), Noelia Picadizo Villar (Rois, A Coruña), Paula Fernández Molina (Valdepeñas ,Ciudad Real), Rafaela Hernández Pérez (Huelva), Sheila Lojo Oliveira (Cambre, A Coruña), Sophía Hecht Suarez (Salinas, Asturias), Tania Conde Farroco (Lalín, Pontevedra), Uxía Loureiro Caamaño (Ponteareas, Pontevedra), Verónica Marí Granda (Lugo).
A maior parte das persoas seleccionadas pertencen aos seguintes colexios: AESD Valencia, AESD Valdelomar Granada, EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, EMAO de Vigo, Escuela Goymar A Coruña, IES Santa Engracia Madrid , Escuela Javier Barroeta de Bilbao, IES Silvera Font de Valencia, Estación Diseño Granada e ESNE Asturias.
Na pasarela da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas desfilarán un total de 30 coleccións e a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, quixo “parabenizar a todas e todos os integrantes desta selección final e cuxa implicación sempre é un engadido a un evento que conta cunha gran relevancia a nivel internacional”. “O xurado terá novamente un papel moi pero que moi difícil para poder seleccionar as gañadoras e gañadores”, engadiu.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La lluvia reaparece en el verano de Galicia: este es el pronóstico de MeteoGalicia para el fin de semana
- La misa y ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro congregan a más una treintena de instituciones gallegas
- Dos menores heridas en Muros al saltar desde un puente cuando pasaba un barco por debajo
- Impresionante chalet de ensueño en Santiago de Compostela: a 10 minutos del centro y 30 de la playa, todo un lujo a buen precio
- Esta es la aldea gallega que se encuentra al borde de los acantilados más altos de Europa: en la provincia de A Coruña
- La ola de calor se atenúa en Galicia: el alivio será temporal porque así se prevé el tiempo
- Os premios Alba de Compostela conseguen unir a todos os membros da Corporación local