A parroquia rianxeira de Asados presume de ter a árbore de Nadal natural máis alta de toda España

Ten trinta metros de altura e supera tamén por seis ao do Rockefeller Center de Nova York

Árbol natural de Nadal de Asados, o máis alto de España

Árbol natural de Nadal de Asados, o máis alto de España / Julián Bustelo

J. M. Ramos

 Como reza o dito popular: a todo hai que gañe. E diso presumen estes días os veciños da parroquia de Asados, en Rianxo, pois din que no seu pobo teñen a árbore de Nadal natural máis alta de España. Trátase dun abeto de 30 metros de altura situado nas proximidades da igrexa que, despois de varias tempadas, este ano, co apoio do Concello, volve a ser o símbolo navideño da parroquia rianxeira.

Aínda que a súa porte quédase por debaixo da altura que acadan as árbores de cidades como Badalona (40 metros) ou Vigo (44 m.), o que marca a diferenza, e que enche de orgullo á veciñanza, é que a deles é natural e non unha estrutura metálica cargada de luces. E non só iso, pois a árbore rianxeira tamén supera a outras naturais que se poden ver polo mundo adiante, entre elas a do Rockefeller Center, de Nova York, que se quedou este ano seis metros por debaixo da de Asados, segundo o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo.

Un récord que chega despois de que á arbore leva tempo sen ser adornada polo Nadal e que, este ano, a petición da veciñanza, e coa colaboración do Concello, recuperou ese carácter simbólico. Aínda que con menos luces ca outros, agardan que se converta nun elemento máis de atracción turística.

TEMAS