O PP de Ribeira propón a recuperación da vella fábrica de xeo de Aguiño para convertela nun multiúsos

A formación ribeirense considera que podería albergar un centro de día e unha escola infantil

Pola esquerda, os concelleiros do PP de Ribeira Rubén Lijo, María Sampedro e Ana Barreiro, fronte á vella fábrica de xeo de Aguiño

Pola esquerda, os concelleiros do PP de Ribeira Rubén Lijo, María Sampedro e Ana Barreiro, fronte á vella fábrica de xeo de Aguiño / PP de Ribeira

Suso Souto

O PP de Ribeira presentou unha moción instando ó goberno local a poñer en marcha un proxecto para rehabilitar a antiga fábrica do xeo ubicada na zona portuaria de Aguiño e converter o inmoble “nun espazo de referencia que rematase de complementar todos os servizos públicos municipais que se ofrezan nesa parroquia: un complexo multiúsos no que teñan cabida os maiores e os mozos”.

Os populares plantexan a posibilidade de chegar a un acordo coa confraría no que ambas partes poidan ter o seu espazo e que dende o Concello se habiliten nesa edificación novos servicios para a veciñanza, como un centro de día, un espazo xuvenil ou unha escola infantil. “Co convencemento de que a parroquia de Aguiño ten moitas posibilidades que acercar a todas as veciñas e veciños, na que existe un tecido social moi activo, instamos ao goberno municipal a axilizar os cambios urbanísticos que correspondan para poder actuar no espazo da antiga fábrica de xeo de Aguiño”, explica o PP na noción. 

Asimesmo, a formación insta ao executivo tripartito a buscar un acordo coa confraría e a priorizar a posta en marcha dun centro de día para os maiores na citada edificación, así como un espazo multiúsos “onde poida desfrutar a xuventude de múltiples actividades”.

A moción foi presentada fronte á antiga fábrica de xeo polos condelleiros María Sampedro, Ana Barreiro e Rubén Lijó.