A Xunta recoñece cos galardóns Innovagal os enfoques didácticos do CEIP de Outes e do IES de Zas
Oproxecto do colexio outense céntrase no benestar emocional dos alumnos e o do instituto zaense, na motivación coa realidade virtual

Alumnos do IES Maximino Romero de Lema, de Zas, durante unha visita a unha explotación gandeira / IES Maximino Romero de Lema
Suso Souto
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de conceder os Premios Innovagal, para poñer en valor o labor dos colexios e institutos que desenvolven enfoques didácticos innovadores para dar resposta ás necesidades particulares do seu alumnado.
Na categoría de centros de Educación Infantil, Primaria e Especial, o primeiro premio foi para o CEIP Plurilingüe de Outes; o segundo, para o CEIP de Viñagrande-Deiro (Vilanova de Arousa); o terceiro para o CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui; e a mención de honra para o CEIP Plurilingüe da Carrasqueira (Vigo).
A proposta do CEIP Plurilingüe de Outes xira ao redor do benestar emocional do alumnado e a sostibilidade do centro. Tendo isto en conta, a metodoloxía céntrase na creación dunha escola na que toda a comunidade pode participar, na que a aprendizaxe é activa e dinámica e na que se traballa o respecto ao medio ambiente de forma transversal en todas as áreas do currículo e en todos os niveis.
Na segunda categoría, para centros de Secundaria e de adultos, o primeiro premio foi para o Colexio O Cruce de Cerceda; o segundo para o Instituto Maximino Romero de Lema (Zas); o terceiro para o CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero); e a mención de honra para o Instituto Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova).
O Instituto Maximino Romero de Lema, do concello de Zas, centra o seu proxecto innovador na posta en marcha de proxectos STEM a través do Club de Ciencia e dos Polos Creativos. Mellórase o rendemento académico e a motivación do alumnado a través de metodoloxías como a aprendizaxe baseada en proxectos, a gamificación, a educación ao aire libre, a realidade virtual ou a realidade aumentada.
Os primeiros premios están dotados con 10.000 €, os segundos con 6.000 €, os terceiros con 3.000 € e as mencións de honra con 1.000 €.
Ademais da dotación económica, os centros galardoados reciben o distintivo de Centro Educativo Innovagal, cunha vixencia de catro cursos escolares.
- Horario y dónde ver gratis el partido que puede decidir el regreso del Obradoiro a la ACB
- Vecinos de Bertamiráns denuncian la okupación masiva y los problemas de seguridad en un edificio de la Travesía do Pedregal: 'Nadie nos ayuda
- Una furgoneta pierde el control en el polígono del Tambre, se salta varios carriles y acaba empotrada contra la nave de Aluminos Cabeal
- El Obradoiro asciende y convierte Sar en una fiesta de ACB
- Sar, a un triunfo de volver a la ACB
- La otra grada del Obradoiro: “Un ascenso é algo histórico, non podía perdermo”
- Mario E. Casas, estudiante del Lamas de Abade, inaugura en Santiago una exposición sobre su primer cómic
- Ni es un faro ni deja de moverse: el 'gigante' de hormigón a 1 hora de Santiago que se balancea con el viento de la Costa da Morte