Que din os rexedores?

Ames, Ribeira e Teo ganan habitantes e lideran a suba de poboación na contorna de Santiago

Os alcaldes insisten no seu chamamento aos veciños para que se empadronen nos concellos onde fan a súa vida cotiá: "Non é o mesmos organizar servizos públicos para 19.000 persoas que para 25.000"

Zona da desembocadura do río Traba, en Noia, un dos municipios da área que perden poboación

Zona da desembocadura do río Traba, en Noia, un dos municipios da área que perden poboación / ECG

Gabriel Fernández Blach

Ames, Ribeira e Teo son os concellos da área de influencia de Santiago que máis medraron en poboación. Segundo os datos censais publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE), nos que se reflicte a poboación de cada municipio a 1 de xaneiro do ano pasado, a clasificación do maior aumento de habitantes no cinto de Compostela, máis alá da capital galega, está integrada por Ames (387 ), Ribeira (133), Teo (116), Melide (115) e Negreira (90). Pola contra, a perda de habitantes está encabezada por Muros (114), Rianxo (95), Touro (69), Lousame (65) e A Pobra do Caramiñal (63).

Así as cousas, os municipios da área con máis habitantes son Ames con 32.482, Carballo con 31.416, Ribeira con 27.030, Teo con 19.034 e Boiro con 18.894. A poboación é un tema de gran importancia para os concellos, dado que ter máis veciños trae consigo beneficios como acceder a maiores fondos para o municipio.

Unha clara testemuña do incremento poboacional do cinto de Santiago é Teo. Este concello non parou de subir dende polo menos hai tres anos, rompendo a barreira dos 19.000 habitantes. A súa alcaldesa, Lucía Calvo, comenta que o seu obxectivo “é pasar dos 20.000 habitantes”. A rexedora destaca que, se isto sucede, “pasarían a outro tramo e poderían optar a máis axudas do Estado”. Máis aló das cifras, as infraestruturas e servizos son decisivos para fixar poboación nos núcleos e poder continuar sumando veciños. Calvo é clara e afirma que “van desenvolver o polígono industrial, reuníndose con empresarios”, ademais de “apostar pola creación de vivenda”. A rexedora presenta a Teo como “a alternativa á capital de Galicia”, en referencia á viabilidade de elixir a vila como residencia e evitar as desvantaxes dun gran núcleo.

A mobilidade é outra das características que axuda a gañar poboación, sobre todo en concellos ubicados preto de cidades, como é neste caso. Lucía Calvo fai fincapé na “petición de que chegue o bus urbano compostelán ata Cacheiras”. Ela mesma ponse de exemplo na elección de Teo como lugar de residencia: “Hai 25 anos que vin vivir aquí, son unha testemuña clara do que ofrece este concello”. Por outra parte, aproveita para facer un chamamento para que a xente se cense onde vive e “tratar cifras de poboación real”. Calvo resalta que “non é o mesmo organizar servizos públicos para 19.000 persoas que para 25.000”, en referencia á poboación que vive no municipio habitualmente, pero non está censada aí.

Toma de posesión de la alcaldesa de Teo, la popular Lucía Calvo / L.C.

La alcaldesa de Teo, la popular Lucía Calvo / L.C.

Reto: non baixar dos 5.000

Un exemplo contraposto á situación de Teo é Vedra. Este concello do sur da provincia conta con 5.019 veciños, loitando tódolos anos para non baixar da barreira dos 5.000 habitantes. Levan anos “facendo milagres para non perder poboación”, comenta Carlos Martínez, alcalde dende 2011. A competencia con algúns dos concellos limítrofes é difícil, pero Martínez destaca que as cifras poden ser “enganosas”. “O noso saldo vexetativo non é tan negativo coma outras vilas, temos un mellor comportamento”, afirma, en canto ás mortes e nacementos. O rexedor vedrés, ao igual que a súa homóloga de Teo, pon o acento na poboación que non está censada e vive na vila: “É algo que ocorre con frecuencia”.

Martínez é optimista sobre o futuro do municipio, afirmando que “teñen demanda de xente que quere vivir aí”. Sobre iso, o alcalde vedrés lembra que entre as accións que pretende levar a cabo o seu Goberno atópase o aumento do parque de vivenda. O rexedor fai fincapé en transmitir, dende o goberno municipal, a necesidade de vivenda de alugueiro aos propietarios da vila. Ademais, recoñece que neste tema en Vedra é diferente a outras vilas, pola falta dun núcleo urbano e edificios residenciais. Pero tamén, di, é o “encanto” do municipio. “A xente vén a Vedra buscando tranquilidade e natureza”, comenta Martínez en referencia ao que ofrece a vila fronte a outros concellos dfa súa contorna.

Carlos Martínez, alcalde de Vedra dende 2011

Carlos Martínez, alcalde de Vedra dende 2011 / Concello de Vedra

Como fomentar a natalidade?

Noia tamén experimenta cambios na súa veciñanza, perdendo 125 habitantes dende 2021. Un feito que, polo momento, non alarma ao consistorio noiés. O alcalde, Santiago Freire, destaca que hai iniciativas en marcha para fomentar a natalidade, como “as liñas de axudas para material escolar, comedor e servizo de coidadores nos centros educativos locais”. Freire afirma que “é moi difícil invertir a tendencia de poboación que hai”, en referencia á falta de nacementos e ao envellecemento dos noieses.

En relación coa veciñanza real e a censada, o rexedor afirma, a diferenza dos seus homólogo, que “a poboación frotante non é significativa, aínda que veña xente nas vacacións”. De cara ao ano que vén o obxectivo é “tratar de frear a perda de poboación e manterse na cifra actual”, aínda que teñen claro no concello que non vai haber “un segundo baby boom por moitos esforzos que se leven a cabo” para cambiar a pirámide poboacional desta vila da costa galega.