A actriz María Vázquez será pregoeira da 49 edición da Festa do Queixo de Arzúa

A actriz viguesa María Vázquez / Trama Films
Suso Souto
A actriz María Vázquez, nominada aos Premios Goya como mellor protagonista feminina por Matria, será a pregoeira da 49ª edición da Festa do Queixo de Arzúa o sábado 2 de marzo ás 11.45 horas no campo da feira da localidade.
María conta cunha exitosa carreira, tanto cinematográfica como televisiva e teatral. É a segunda vez que está nominada aos Premios Goya, tras Mataharis, ademais de ter levado outros moitos premios, como o Ojo Crítico de RNE, o Mestre Mateo por O club da calceta, aos que tamén está nominada este ano, Cineuropa, etc.
A actriz viguesa comezou a súa andaina no mundo da interpretación en series como Al salir de clase, Compañeros ou Raquel busca su sitio. Logrou facerse un oco en producións como Fíos ou Padre Casares emitidas na TVG, ou outras como Ana y los siete ou Hospital central. Interveu en películas como Silencio roto, Deseo, El año de la garrapata, A golpes, Mataharis, 18 comidas ou as galegas A Mariñeira e O club da calceta.
Como pregoeira da Festa do Queixo súmase a unha lista da que forman parte tamén Tamar Novas, Benedicta Sánchez, Yolanda Castaño, María Castro ou Xosé A. Touriñán, entre moitos outros.
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- La Sala Malatesta vuelve a cerrar y anuncia que luchará en los tribunales
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
- El mayor mercado de moda vintage aterriza en Santiago: miles de prendas de ropa de marca a tan solo 9 euros
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene