A filloa de Lestedo pode degustarse de balde ata o día 13 na cafetería de El Corte Inglés de Compostela

Pola esqda., Liliana Voicu, Fuencisla Cid, Tejo, Canabal, García e Rodeiro

Pola esqda., Liliana Voicu, Fuencisla Cid, Tejo, Canabal, García e Rodeiro / Concello de Boqueixón

Suso Souto

A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, El Corte Inglés de Santiago de Compostela e o Concello de Boqueixón presentaron unha acción de promoción da XLI Festa da Filloa de Lestedo que se desenvolverá na cafetería do citado complexo comercial nos próximos días. Así, dende onte e ata o vindeiro 13 de febreiro, unha filloeira de Lestedo elaborará no centro comercial e en directo este produto tradicional da gastronomía galega tan típico do Entroido. As xornadas foron presentadas polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato; a directora de El Corte Inglés de Santiago, Cristina García de Albéniz; a directora rexional de Comunicación, Marketing, Sustentabilidade e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Galicia–Asturias, Fuencisla Cid; o presidente da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, José Manuel Canabal; e as filloeiras Liliana Voicu e Isabel Tejo. Ata o vindeiro 13 de febreiro, en horario de 13.00 a 16.30 horas, unha filloeira de Lestedo elaborará as filloas que os clientes da cafetería de dito centro recibirán gratuitamente con cada consumición.

TEMAS