Xosé Manuel Lobato presenta ‘Natureza Camiño Emocións’ no hotel literario Bela Fisterra

Pola esquerda, Formoso, Nerium, Lobato e Fraga

Pola esquerda, Formoso, Nerium, Lobato e Fraga / Víctor Hugo

Suso Souto

O Hotel Bela Fisterra acolleu este domingo a presentación do libro Natureza Camiño Emocións, de Xosé Manuel Lobato, formado por un conxunto de pequenos relatos independentes no que o autor toma como instrumento a natureza para divagar con gran beleza sobre aspectos moi dispares da vida cotiá, convertendo as súas narracións en auténticas historias.

O libro está formado por un conxunto de pequenos relatos independentes no que o autor toma como instrumento a natureza para divagar con gran beleza sobre aspectos moi dispares da vida cotiá convertendo as súas narracións en auténticas historias. Tal e como indica no seu título, a natureza como instrumento para facer ese camiño que leva a espertar emocións.

Rememorar o seu pasado, o seu presente e o seu futuro cunha mirada sobre a natureza como medio de supervivencia e trasladarlla ás novas xeracións para que a desfruten, a vivan e a transmitan.

Na presentación, o autor estivo acompañado polo dono do establecemento, Pepe Formoso, e por Alexandre Nerium e Modesto Fraga.

Nado en Pazos (Boqueixón), Lobato é fillo de emigrantes. Cunha necesidade vital por coñecer e afondar no eido da diáspora, estudou o mundo migratorio e presentou en 1999 a tese doutoral Autoconcepto en hijos de emigrantes.

Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación e profesor en varios niveis do sistema educativo, na actualidade está prexubilado, mais segue coa súa actividade no eido cultural.

Forma prte do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas; preside a asociación cultural Mestre Manuel Gacio e é membro de diferentes colectivos, entre outros, a Asociación de Escritoras e Escritores en Linga Galega.

Ten publicado numerosos artigos e libros, como Trobar do ar, Doa, doa... avoa, Elos de cinza, Máxico tear natural, Retorno a natura ou Cos pés na peneira.

Participou en obras colectivas como En defensa do poleiro, A Coruña á luz das letras ou Pico sacro: ferido polo lósterego e a lenda, coordinado xunto con Miro Villar.

En todas as súas obras destacan o seu amor pola terra nai e pola sabedoría popular e o respecto pola natureza.