Cee xuntou trescentas persoas na festa de confraternidade dos maiores

Degustaron unha laconada, cantaron e bailaron

O alumnado do Centro Social amosou os seus traballos

A alcaldesa, Margarita Lamela, saudano aos asistentes á celebración

A alcaldesa, Margarita Lamela, saudano aos asistentes á celebración / Cedida

J. M. Ramos

A Festa da Confraternidade dos Maiores de Cee xuntou trescentas persoas no pavillón deportivo da capital municipal, onde poideron desfrutar dunha nova xornada de convivencia e intercambio de experiencias entre veciños das distintas parroquias. Ademais, compartiron mesa e mantel para degustar uns entrantes e unha laconada elaborada por Loli, do Mesón As Viñas.

Asemade, os asistentes aos cursos de manualidades do Centro Social amosaron unha pequena exposición dos seus traballos, e non faltou a música. Mar Davila fixo bailar e cantar a maioría dos asistentes á festa.

A Festa da Confraternidade dos Maiores de Cee xuntou 300 persoas

A Festa da Confraternidade dos Maiores de Cee xuntou 300 persoas / Cedida

A alcaldesa, Margarita Lamela, asegura que foi “un día inesquecible de reencontros, sorrisos, ilusión, apertas, baile e cantos”. Agradece a participación “dos nosos maiores por este día único e imborrable. Non hai nada máis gratificante ca súa mirada chea de vida. A vida son momentos e este día foi único e imborrable”, concluíu. Na semana que se celebra o 8 de marzo, a rexedora adicou tamén unhas palabras de agradecemento para a cociñeira Loli e o seu equipo, “unha muller referente na nosa vida diaria”, e tamén para os empregados do Concello, Protección Civil e a concelleira de Servizos Sociais, Emilia Trillo.

TEMAS