El Combo Dominicano animará o día doce a primeira Festa da Xuventude de Ribeira

Pola esquerda, Abraldes, Suárez-Puerta, Sampedro e Alberte

Pola esquerda, Abraldes, Suárez-Puerta, Sampedro e Alberte / Cedida

Suso Souto

Os concelleiros Francisco Suárez-Puerta, Fernando Abraldes e Antía Alberte presentaron este luns, xunto a David Sampedro, a primeira Festa da Xuventude de Ribeira, que se celebrará o vindeiro venres 12 de abril nas inmediacións da praia de Coroso.

Segundo explicou o concelleiro de Festexos, Suárez-Puerta, o evento contará coa actuación do grupo El Combo Dominicano e cunha sesión musical amenizada polo DJ Tito Maverick, que será o encargado de amenizar o fin de festa.

O evento está organizado en colaboración con Espectáculos A Cantaruxa, segundo afirmou o promotor, David Sampedro, e comezará ás 22.00 horas.

Pola súa parte, Antía Alberte reafirmou o seu compromiso para organizar máis eventos dirixidos á mocidade, contanto con artistas e grupos locais. “Esta festa pretende ofrecer un espazo inclusivo e divertido onde os mozos e mozas poidan xuntarse e gozar da música en directo”, explicou a edil.