Ferida unha persoa nun accidente en Coristanco

Estado no que quedou o vehículo accidentado

Estado no que quedou o vehículo accidentado / Cedida

Suso Souto

Os bombeiros do parque comarcal de Carballo foron alertados ás 11.50 horas deste sábado por un accidente de tráfico acontecido na estrada AC-552, á altura do punto quilométrico 38, ao seu paso pola parroquia de Traba, no concello de Coristanco. O vehículo atopábase fóra da vía e o condutor foi quen de saír polo seu propio pé. O ocupante do vehículo precisou asistencia do persoal sanitario do 061 e foi trasladado posteriormente ao Clínico de Santiago. No operativo participaron a Garda Civil de Tráfico A Coruña, o 061 de Carballo, GES Ponteceso e o SMPC Coristanco.