Ribeira acollerá os días dez e once de maio o festival de folk Bruón

Pola esquerda, Suárez-Puerta, Otero, Pérez, Alberte e Silva

Pola esquerda, Suárez-Puerta, Otero, Pérez, Alberte e Silva / Cedida

Suso Souto

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, e os concelleiros Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron, xunto a Pablo Silva e Ventura Otero, da asociación Os Liantes, a primeira edición do Bruón Folk Fest, que se celebrará os días 10 e 11 de maio no Centro Recreativo de Artes. O nome do festival fai referencia á lenda do Boi Bruón, que quedou atrapado nunha vila asolagada no Carregal. Ademais de música, esta cita incluirá poesía e actividades para público de todas as idades. A tik-toker Prado Rúa axudará coa difusión do festival, e a organización contactará con artesáns galegos para que tamén participen. O venres día 10 inaugurarase o festival cunha mesa redonda sobre a lenda do Boi Bruón, para posteriormente rematar cunha foliada libre na que participarán grupos de toda a comarca do Barbanza. Para o día 11 están programadas as actuacións de varios grupos, entre eles, Boroa, Isidro Vidal, As Maianas e Habelas Hainas. Tamén haberá exposicións de pintura de artistas locais e sesións de micro aberto.