MEDIO RURAL
Pechan varias pistas forestais na Laracha polos estragos dunha empresa madeirista
A Policía Local xa elaborou un informe dos danos ocasionados
O Concello abrirá un expediente sancionador á compañía
Estudarán unha modificación da ordenanza reguladora
![Estado dunha das pistas que foi pechada polos estragos causados por unha empresa madeirista](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/8a3ab278-a191-48c0-ad07-d7944a058d47_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg)
Estado dunha das pistas que foi pechada polos estragos causados por unha empresa madeirista / C. L.
J. M. Ramos
O Concello da Laracha pechou temporalmente varias pistas forestais da parroquia de Montemaior como medida de seguridade ao estar actualmente intransitables debido aos estragos causados pola empresa madeirista que está a realizar unha tala.
As vías afectadas, que serven de acceso a parcelas agrícolas, localízanse próximas aos núcleos de A Fieira, A Casanova, Balvís, O Penedo e As Nocellas. En total a lonxitude dos camiños cortados á circulación supera os tres quilómetros lineais.
A Policía Local redactou o correspondente informe de danos. O Concello xa está realizando as accións oportunas para, primeiro, sinalizar sobre o terreo para advertir aos vehículos do peche dos camiños forestais. Ao mesmo tempo, abriuse un expediente sancionador á empresa, á que se lle incautará a fianza ou aval depositados e se lle requirirá para que proceda a reparar os danos ocasionados.
![Estado no que se atopan algunhas das pistas afectadas](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/e808a256-97e2-4f34-acc5-614cc87e4c5d_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Estado no que se atopan algunhas das pistas afectadas / Concello da Laracha
Ante os reiterados problemas que se están a rexistrar no termo municipal causados polas empresas dedicadas á xestión forestal, e co obxectivo de minimizar os danos, o goberno local iniciou os trámites para modificar a ordenanza reguladora da actividade de corta, depósito, carga e transporte da madeira de tala.
Desde o Concello laméntanse as molestias que esta situación está a causar á veciñanza, principalmente aos propietarios das fincas emprazadas xunto ás vías afectadas.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La lluvia reaparece en el verano de Galicia: este es el pronóstico de MeteoGalicia para el fin de semana
- La misa y ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro congregan a más una treintena de instituciones gallegas
- Dos menores heridas en Muros al saltar desde un puente cuando pasaba un barco por debajo
- Impresionante chalet de ensueño en Santiago de Compostela: a 10 minutos del centro y 30 de la playa, todo un lujo a buen precio
- Esta es la aldea gallega que se encuentra al borde de los acantilados más altos de Europa: en la provincia de A Coruña
- La ola de calor se atenúa en Galicia: el alivio será temporal porque así se prevé el tiempo
- Os premios Alba de Compostela conseguen unir a todos os membros da Corporación local