MEMORIA HISTÓRICA

A Pobra saca á luz a historia do campo de concentración do Pozo

Xesús Redondo Abuín foi nomeado Republicano de Honra 2024

Acto inaugural do panel informativo no campo de concentración do Pozo

Acto inaugural do panel informativo no campo de concentración do Pozo / Concello da Pobra

J. M. Ramos

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza (CRMHB), coa colaboración do Concello da Pobra, sacou á luz a historia do campo de concentración do Pozo, na Lomba, nun acto de dignificación da memoria de todas as persoas que loitaron polos principios democráticos durante a Guerra Civil e a ditadura franquista.

O acto comezou coa inauguración dun panel informativo e cunha ofrenda floral, coa participación do alcalde, José Carlos Vidal; a deputada provincial dos Dereitos Civís, Soledad Agra; a concelleira de Memoria História, Patricia Lojo; o presidente da CRMHB, Carlos Cimadevila; o historiador Xesús Santos, e a música de Bernal Muíños.

Xesús Redondo Abuín foi nomeado Republicano de Honra 2024

Xesús Redondo Abuín foi nomeado Republicano de Honra 2024 / Concello da Pobra

Despois, no auditorio do Museo Valle Inclán presentouse o caderno Campos de concentración. Muros, A Pobra a Rianxo, e nomeouse a Xesús Redondo Abuín como Republicano de Honra 2024. A este acto sumáronse o escritor Xesús Alonso Montero e o secretario da CRMHG, Nestor Sieira, ademais do grupo musical Barahúnda, que amenizou a celebración.