A visita da ambulancia anima a tarde da cativada na ludoteca de Vedra

Os cativos de Vedra exerceron de sanitarios cos seus bonecos

Os cativos de Vedra exerceron de sanitarios cos seus bonecos / CEDIDA

Redacción

Os cativos que asisten á ludoteca municipal de Vedra levaron unha divertida sorpresa esta semana cando unha ambulancia se achegou ás instalacións municipais para que os pequenos puideran coñecer de primeira man como funcionan os vehículos de emerxencia. Na ambulancia chegaron a nai dun dos nenos inscritos no servizo de ludoteca e dúas compañeiras, que lles explicaron aos pequenos a importancia da atención sanitaria, con que cousas deben ter coidado para evitar accidentes e cando contactar co 112. Tamén lles amosaron o desfibrilador do que dispón o vehículo de emerxencia. Os nenos recibíronas con moita expectación e puideron exercer de sanitarios cos seus bonecos. Dende a ludoteca municipal convidan as familias de Vedra a implicarse na iniciativa e animarse a participar dándolles visibilidade ás súas profesións, habilidades ou afeccións para que a cativada aprenda á vez que se divirte. Na mesma liña, o Goberno local agradeceu a participación das participantes neste singular obradoiro sanitario.