Padrón consegue máis de 60.000 euros para desenvolver o embelecemento turístico do Sar
É un dos 25 concellos da provincia da Coruña que resultaron beneficiarios.
![O río Sar ao seu paso polo municipio de Padrón](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/735b85bd-d3de-4221-ba3e-654dd099cff8_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg)
O río Sar ao seu paso polo municipio de Padrón / NOE PARGA
Redacción
No marco da segunda convocatoria da liña de axudas destinada a concellos galegos para levar a cabo accións de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, a Xunta de Galicia outorgoulle 60.080 euros ao Concello de Padrón. A axuda ten como obxectivo levar a cabo accións para mellorar a área recreativa da desembocadura do Río Sar, xerando un maior atractivo turístico.
Desta forma, Padrón é un dos 25 concellos da provincia da Coruña que resultaron beneficiarios desta inciativa cun investimento global de máis de dous millóns e medio de euros. Dentro destes municipios da provincia, levaranse a cabo case 40 proxectos de mellora de instalacións e zonas destinadas ás actividades turísticas. Esta liña de axudas é unha das actuacións que se inclúen no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral desenvolvido polo Goberno galego con fondos Next Generation da Unión Europea. Este iniciativa ten un plan de execución que remata neste ano 2024.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La lluvia reaparece en el verano de Galicia: este es el pronóstico de MeteoGalicia para el fin de semana
- La misa y ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro congregan a más una treintena de instituciones gallegas
- Dos menores heridas en Muros al saltar desde un puente cuando pasaba un barco por debajo
- Impresionante chalet de ensueño en Santiago de Compostela: a 10 minutos del centro y 30 de la playa, todo un lujo a buen precio
- Esta es la aldea gallega que se encuentra al borde de los acantilados más altos de Europa: en la provincia de A Coruña
- La ola de calor se atenúa en Galicia: el alivio será temporal porque así se prevé el tiempo
- Os premios Alba de Compostela conseguen unir a todos os membros da Corporación local