Outes pon en valor a tradición dos pampallíns e o rito de fertilidade do agro

Participantes no obradoiro de pampallíns en Outes / Cedida
Suso Souto
Unha vintena de persoas participaron en Outes nun obradoiro de pampallíns para poñer en valor a tradición. Usuarios dos colectivos Adisbismur e Terra de Outes axudaron na obtención da palla. Houbo tamén unha exposición do traballo desenvolto polo alumnado do IES Poeta Añón que axudou a obter máis información dos maiores de Outes para saber como facían antigamente os fachuzos do pampallín (formas, materiais e técnicas que aplicaban e como desfilaban con eles).
Fíxose tamén un coloquio sobre as orixes desta tradición e a relación co mundo agrario e como sobreviviu durante séculos evitando a censura clerical e converténdose nun día de liberación para a xuventude.
Co rito do pampallín (unha variante local da Festa dos Maios) pedíase abundancia e fertilidade no agro co lume como elemento central.
O vindeiro martes día 30 terá lugar a 24ª edición do Festival do Pampallín na Praza de Galicia da Serra de Outes, co ritoo lume e as actuacións dos grupos Mondra, The Rapants, Lontreira e Latexo Percusión.
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Detenidos por intento de homicidio una mujer y su hijo tras apuñalar varias veces en el tórax a un hombre en Bertamiráns
- Vacaciones sobre ruedas: 'Probei os cruceiros, a 'pulserita' en Punta Cana... pero como a liberdade da autocaravana non hai nada
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Aterriza en O Eixo la primera Gran Festa Picheleira: 'Teremos dez horas de música sen parar, carpa e pulpeiro
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
