O coworking da Pobra ofrece servizos gratuítos destinados á dixitalización das pemes
![Usuarios do coworking da Pobra do Caramiñal](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/daa03241-152c-4c0c-8b0a-1d234a1ac6c0_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
Usuarios do coworking da Pobra do Caramiñal / Cedida
Suso Souto
Tecer redes entre as persoas emprendedoras instaladas no coworking da Pobra e o sector empresarial da localidade é o obxectivo do espazo de traballo colaborativo e, para seguir dando pasos nese eido, o Concello e a cooperativa Kracia, usuaria do centro para o emprendemento, achegarán servizos de balde para a transformación dixital das pemes.
Trátase dunha contraprestación á administración local polo uso do dito inmoble. Redes sociais, publicidade, creatividade e auditoría web son os piares sobre os cales se asenta a asistencia dixital. Poderán optar empresas xa iniciadas no mundo dixital que desexen mellorar a súa experiencia e aquelas outras que aínda non decidiron dar o paso. Analizaranse o tráfico e o posicionamento en Google, o aumento da comunidade e a calidade do feed, un maior alcance, a publicidade online e o deseño de fotos e vídeos, como exemplo da gran oferta de servizos.
Este mércores 24 haberá unha xornada explicativa no propio coworking (ás 17.00 e ás 21.00 horas). A data límite para se rexistrar é este martes e xa hai 9 inscricións.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La lluvia reaparece en el verano de Galicia: este es el pronóstico de MeteoGalicia para el fin de semana
- La misa y ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro congregan a más una treintena de instituciones gallegas
- Dos menores heridas en Muros al saltar desde un puente cuando pasaba un barco por debajo
- Impresionante chalet de ensueño en Santiago de Compostela: a 10 minutos del centro y 30 de la playa, todo un lujo a buen precio
- Esta es la aldea gallega que se encuentra al borde de los acantilados más altos de Europa: en la provincia de A Coruña
- La ola de calor se atenúa en Galicia: el alivio será temporal porque así se prevé el tiempo
- Os premios Alba de Compostela conseguen unir a todos os membros da Corporación local