PROXECTO ESCORA

Danza e podcast para facer fluír o corpo e as emocións dos estudantes de Camariñas

Entrevistaron ao artista e xestor cultural Pablo López e ás integrantes do colectivo Vacaburra

Alumnos no taller práctico de danza contemporánea

Alumnos no taller práctico de danza contemporánea / IES Pedra da Aguia

J. M. Ramos

O alumnos de 3º da ESO do IES Pedra da Aguia, de Camariñas, aprenderon a transmitir emocións e a deixar fluír os seus corpos a través da danza no marco do proxecto social e comunitario Escora, impulsado pola Deputación da Coruña para involucrar a colectivos locais na vida cultural do seus territorios.

Os estudantes gravaron en directo un podcast no que Lía Bermúdez e Aleix March entrevistaron ao artista e xestor cultural Pablo López e ás integrantes do colectivo Vacaburra: Andrea Quintana e Gena Baamonde.

Alumnado do IES de Pedra da Aguia tras limpar o areal de Camelle con Mar de Fábula

Alumnado do IES de Pedra da Aguia tras limpar o areal de Camelle con Mar de Fábula / I. P. A.

Pablo López explicoulles por que elixiu Camelle para densenvolver, xunto coa asociación ecoloxista Mar de Fábula, o proxecto A casa no alto, unha residencia artística na que artistas de toda España poden desenvolver os seus traballos.

Pola súa banda, o dúo Vacaburra entusiasmou aos estudantes coa súa naturalidade e humor ao contarlles como transmitir emocións a través da danza contemporánea. Logo de gravar o podcast os alumnos gozaron dun taller práctico no que, despois de vencer a timidez inicial, “aprenderon a deixar fluír os seus corpos e a escoitar en silencio os sons que xera, a través de escorzos imposibles, onomatopeas e moita desenvoltura”, subliña Jacobo Santos, directivo do IES Pedra da Aguia.

A xornada complementouse cunha visita ao Museo dos Naufraxios ubicado no Museo Man e cunha recollida de lixo nos areais de Camelle coordinada polos técnicos de Mar de Fábula. Na colleita había latas, plásticos, cordas e outros materiais.