O melidense Vicente Vázquez Vidal gaña o premio Francisco Añón de poesía na categoría de maiores de 18 anos

Gañadores do certame de poesía

Gañadores do certame de poesía / Cedida

Suso Souto

O xurado do XXVIII Certame de Poesía Francisco Añón que convoca o Concello de Outes vén de emitir o seu fallo. Na categoría de 6 a 7 anos o premio foi compartido (150 € en libros e publicación da obra) para os poemas A cabana e O tío Xermán, de Sara Piñeiro París (Muros) e Mariña Espasandín García (Rois); na de 8 a 9 anos (180 € en libros e publicación da obra) para Alegría, de Laia Figueiras Tristán (Muros); na de 10 a 11 anos, o premio compartido (210 € a repartir en libros e publicación), foi para A nosa terra e A expresión, de Carmen Elena Alves Fernández e Daniela Molas Martínez (Baiona); na de 12 a 14 anos foi, tamén compartido (240 € en libros e publicación) para Un mundo de letras, de Uxía Seoane Miranda (do IES Manuel Murguía de Arteixo) e A poesía está viva, viva a poesía, de Marina Urrutia García (do Colexio La Salle de Santiago); na de 15 a 17 anos, o premio, tamén compartido (480 € e publicación) foi para Cando as rosas murchan, de Amalia Blanco Pose (Santa Comba) e Caderno de bitácora, de Iris Abril Teijeira (Salvaterra de Miño); e na categoría de maiores de 18 anos, dotada con 1.500 euros e publicación, a composición gañadora foi a titulada O conto da leiteira, de Vicente Vázquez Vidal, de 31 anos de idade, natural de Melide.