AXUDAS

A comarca de Bergantiños recibe máis de 8,9 millóns de euros do Plan Único da Deputación

O Concello de Laxe conta este ano con máis de 533.000 €

Cristina García, segunda esda., e o alcalde, terceiro, en Soesto

Cristina García, segunda esda., e o alcalde, terceiro, en Soesto / D. Coruña

J. M. Ramos

A deputada provincial Cristina García Rey visitou Laxe para avaliar co alcalde, Francisco Charlín, e con edís da Corporación local os investimentos do Plan Único no municipio, que neste ano 2024 ascenden a 533.380,08 , dos cales 281.978 € foron aportados na fase inicial e outros 251.401 € corresponden aos fondos adicionais, cos que se acometerán obras como a da igrexa de Soesto, actualmente en execución.

Con estes investimentos adicionais, a Deputación destinará a toda a comarca de Bergantiños (Carballo, A Laracha, Malpica, Coristanco, Laxe, Ponteceso e Cabana) un importe de 8.917.364,27 euros. “O Plan Único é unha ferramenta pensada para que os concellos coruñeses xestionen os fondos que reciben da Deputación con eficiencia e autonomía, en función da súa realidade”, apuntou Cristina García. “En concellos pequenos como o de Laxe, este plan é especialmente importante, xa que pode chegar a supoñer ata o 30% do seu orzamento total, e con el fináncianse obras e servizos que melloran a vida dos veciños”, engadiu.

TEMAS