MEDIO AMBIENTE

O PP demanda acabar cos vertedoiros incontrolados en Ribeira

Solicita a posta en marcha dun plan de prevención e sensibilización

Un dos vertedoiros incontrolados que pide erradicar o PP de Ribeira

Un dos vertedoiros incontrolados que pide erradicar o PP de Ribeira / PP

Redacción

A portavoz do PP de Ribeira, María Sampedro, presentou unha moción para solicitar ao goberno local que elimine os vertedoiros incontrolados que supoñen “un perigo medioambiental e unha degradación da imaxe do noso Concello”.

Outro dos vertedoiros que o PP demanda eliminar en Ribeira

Outro dos vertedoiros que o PP demanda eliminar en Ribeira / PP

Demanda tamén un “control rigoroso” para manter unha reciclaxe correcta dos residuos xerados pola propia administración; a posta en marcha dun plan de prevención e sensibilización; e máis vixilancia para identificar e sancionar aos infractores.