SUCESO

Atopan morto no seu domicilio a un octoxenario de Muxía ao que botaban en falta desde o mércores

Os bombeiros de Cee accederon á vivenda por unha fiestra e localizaron ao home no seu dormitorio

Ata o lugar desprazáronse sanitarios e equipos de emerxencias

Ata o lugar desprazáronse sanitarios e equipos de emerxencias / Protección Civil Muxía

J. M. Ramos

Un veciño de Muxía, S. F. B. de 88 anos, foi atopado morto no seu domicilio esta tarde, logo de que os seus familiares denunciasen que non sabían nada del desde o pasado mércores. Os bombeiros do parque comarcal de Cee foron avisados ao redor das 18.00 horas e, de seguido, desprazáronse ata o lugar de Suxo, onde residía o falecido.

Poideron acceder ao interior da casa a través dunha fiestra e, unha vez dentro, atoparon o corpo sen vida do octoxenario no seu dormitorio. Ata o lugar tamén se desprazaron os voluntarios de Protección Civil e a Policía Local de Muxía, así como profesionais sanitarios do 061 e axentes da Garda Civil.